domingo, 25 de febrero de 2007

Policia rubia


Chegamos co carro a estacion do Eurotunel, onde meten a camara da tv debaixo do auto para ver si levas bomba ou emigrante, e saeu unha rubia cariñosa que din ser da poliza. Mais interesada na erotica do meu bote que nos pasaportes ou nos ollos que lle botaba o meu fillo o conquistador, puxose a facer todo tipo de preguntas sobre a lancha. De supeto estaba todo o corpo de garda metendolle man ao meu bote. Ate que chegou a pregunta maldita: levan vostedes siñais de salvamento? Pois faltaria mais minha rubia, un bote enteiro e mais unha pistola de luzes vermellas!. Pois esta prohibido! Nada de entrar no comboio. Non hai mais viaxe. Siga en non pare que non escoitei que leva o que leva que non debe levar, dixo o mais vello de todos. E mentras sacaba freno e metia marcha, a loira Inglesa decianos adeus axitando os peitos ao ritmo da sua man.

No hay comentarios: